viernes, 23 de octubre de 2015

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES



Para festexar o DÍA DAS BILIOTECAS ESCOLARES o pasado xoves 22 de Outubro presenciamos unha xornada de contacontos da man de Anxo Moure. Con él pasamos un  bo rato no que viaxamos ao “ximnasio da imaxinación” e “cociñamos contos” tratando diversos temas da natureza relacionados coas súas obras.

Chegou ao noso pobo montado na súa CICLOBIBLIOTECA e fíxonos partícipes a toda a comunidade escolar da súa presenza.

Se queredes coñecer máis acerca do seu traballo podedes visitar a súa páxina web “Contos solidarios” http://www.contosolidarios.org/
 
Ao longo da semana fixemos diversas actividades relacionadas co día das Bibliotecas Escolares centrándonos no proxecto que o centro leva a cabo este curso “Coñecemos a nosa contorna: Flora, fauna, as nosas formas de vida e a nosas orixes” como foron marcapáxinas, murais, enquisas aos nenos…

O ANPA colaborou con este día coa iniciativa “Queremos os vosos libros”.

A través das imaxes amosamos o resultado deste gran día, esperamos que vos gusten.


Para ver o álbum pincha AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Las opiniones vertidas en la sección de comentarios son propiedad de sus respectivos autores. CEIP A PONTENOVA no se solidariza ni responsabiliza por la exactitud y verosimilitud de las opiniones vertidas o artículos publicados en la sección de comentarios, y declina toda responsabilidad por la utilización que se le dé a los mismos. CEIP A PONTENOVA se reserva el derecho de eliminar los mensajes enviados a la sección de comentarios si son considerados inapropiados para el contenido del sitio.