Mostrando entradas con la etiqueta mens sana in corpore sano. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mens sana in corpore sano. Mostrar todas las entradas

viernes, 22 de marzo de 2013

PROGRAMA DE RADIO DE 5º E 6º

Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria foron ao Centro de Formación para el Consumo de Vegadeo (Asturias). Nesta ocasión os nenos e as nenas elaboraron un PROGRAMA DE RADIO que xirou en torno ao Centro de Interés que estamos a traballar durante este Curso no Colexio "MENS SANA IN CORPORE SANO". Aqui tedes algunhas fotos:
















lunes, 18 de marzo de 2013

MENS SANA IN CORPORE SANO - PDI

Ao longo deste curso, por iniciativa da BIBLIONOVA, no noso colexio estamos a traballar o proxecto documental integrado:

"MENS SANA IN CORPORE SANO"

Este proxecto divídese en catro bloques de contidos:

1.- OS ALIMENTOS
2.- A SAÚDE
3.- OS DEPORTES
4.- O CORPO HUMANO

Son moitas as actividades que se están a desenvolver ao redor deste proxecto e que implican a toda a Comunidade Educativa e a outras institucións externas que tamén colaboran como a Fundación TIC, a Asociación Catelarco, a Cruz Vermella, o Instituto de Consumo de Vegadeo (Asturias)...

Aproveitamos para darlles as máis expresivas grazas a cada un deles pola súa colaboración.

Algunha das actividades das que estamos a falar son:

  • ACTIVIDADES DE BUSCA DOCUMENTAL (adaptadas por grupos de idades)
  • ELABORACIÓN CONXUNTA DE DICIONARIOS TEMÁTICOS (queremos saber sobre...)




  • COMPRA E EXPOSICIÓN DE BIBLIOGRAFÍA AXEITADA (guías de lectura)



  • ELABORACIÓN DE MATERIAIS LIM

PARA VER AS ACTIVIDADES PINCHA AQUÍ (AINDA EN ELABORACION PENDENTES DE PUBLICAR)

  • ORGANIZACION DE OBRADOIROS NO CENTRO
    • Deportes alternativos (Tiro con arco)

PARA VER MÁIS FOTOS SOBRE ESTA ACTIVIDADE PINCHA AQUÍ

    • Almorzo saudable (pirámide Naos)
















    • Primeiros auxilios (Crux Vermella - 16 de maio)

ACTIVIDADE PENDENTE DE REALIZAR

    • Axuda a colectivos desfavorecidos (Cruz Vermella - 16 de maio)

ACTIVIDADES PENDENTE DE REALIZAR
    • Elaboración de disfraces relacionados e dramatizacións adaptadas




PARA VER MAIS FOTOS DESTA ACTIVIDADE PINCHA AQUI
    • Intercambios deportivos con outros centros (pendentes de datas na primaveira)

ACTIVIDADES PENDENTES DE REALIZAR

  • ORGANIZACIÓN DE VISITAS E OBRADOIROS FÓRA DO CENTRO
    • Elaboración dun PROGRAMA DE RADIO en beneficio dunha vida saudable

ACTIVIDADE PENDENTE DE REALIZAR
    • Elaboración dunha ENSALADA DE TEMPORADA E MACEDONIA DE TEMPORADA

ACTIVIDADE PENDENTE DE REALIZAR
    • SABER O QUE COMEMOS: de que están feitas as gominolas e os refrescos

ACTIVIDADE PENDENTE DE REALIZAR
    • Como se fai  A TORTA DE GUITIRIZ?


    • Visita ao BALNEARIO DE GUITIRIZ: coñecemos as augas mineromedicinais


    • Asistimos ao ADESTRAMENTO DO CLUBE DEPORTIVO LUGO e a un XIMNASIO da cidade para facer unha TABLA DE EXERCICIOS SAUDABLES

    • XORNADAS DE SENDEIRISMO (a RUTA DA AUGA, área recretiva de SALDOIRA)


    • Visitamos a BIBLIOTECA NODAL de Lugo


PARA VER MAIS FOTOGRAFIAS SOBRE ESTAS ÚLTIMAS 5 ACTIVIDADES PINCHA AQUÍ
Algunhas fotos e materiais xa están aquí enlazados, outros iremos subíndoos a medida que vaian saíndo do forno

viernes, 30 de noviembre de 2012

VISITA A LUGO


Os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º van hoxe de excursión a Lugo. Van asistir ao adestramento do Clube Deportivo Lugo, a continuación teñen actividades no Ximnasio Lugo e despois de comer farán unha visita á Biblioteca Nodal de Lugo. Esta saída enmarcase dentro do Programa que desde a Biblionova estamos a traballar este curso MENS SANA IN CORPORE SANO.