miércoles, 9 de diciembre de 2015

CONTOS DE NADAL


En Galicia existe toda unha tradición oral relacionada co Nadal. Un tempo propicio para os contos, romances, vilancicos e cantos de reis que insistimos en recoller e logo difundir para evitar que queden no esquecemento formando só parte da memoria dos nosos maiores. As pezas que reproducimos nesta páxina pertencen a dúas publicacións das editoriais Citania e Ophiusa: “A Carón do Lume” (escolma de textos que foran publicados na revista “Amencer” e recollidos nos últimos 25 anos polos alumnos do Real Seminario Santa Catalina de Mondoñedo) e “A Carón da Escola. Cantos de Reis e de Nadal” (un vídeo-libro de Mini eMero no que colaboraron colexios públicos de Galicia).


LENDAS DE NADAL.- 

“ As ovellas non berran cando as matan porque cando os soldados de Herodes perseguían ó Neno Xesús, preguntáronlle a un pastor se sabía onde nacera Xesús e entón unha ovella berrou: En Beléeeen, en Beléeeen. Por iso, como castigo, non berran cando as matan”. (Recollida en Belesar –Vilalba- por Félix Villares Mouteira).


“O río Miño, cando pasa pola cidade de Lugo, baixa manseliñamente, sen facer ningún ruído, a pesar das présas e dos caneiros. ¿Sabedes por que? Porque cando pasou por Lugo a Sagrada Familia e Virxe díxolle ó río:
_ Cala, río Miño, cala, non me desperte-lo meu Neniño. (Recollida en Belesar –Vilalba- por Xosé M. López Santalla).


“A Sagrada Familia tamén pasou por Palas de Rei e a Virxe díxolle ó río Roxán:
_ Cala, río, cala, non despertes o meu pequeniño que está durmindo moi acurrucadiño”. (Recollida en Palas de Rei por Agustín Rodríguez Pérez).

AGUINALDO.-

“Dieme o aguinaldo, señora por Dios;
que venimos cuatro y cantamos dos.
Díame o aguinaldo, anque seña pouco:
un touciño enteiro e a mitá doutro”.

(Recollido en Corvite, Abadín, por X. Francisco Bello Bello )

“Levántese, señora, do seu sentadeiro,
vaia ó touciño e faigalle un cambeiro.
Déanos o aguinaldo, señora casada,
ovos, torreznos e longaniza asada”.

(Recollido en Rego de Cas, Mondoñedo, por Pedro Díaz Couto)

ROMANCES DO NADAL.-

“O día de Noiteboa
por ser la noche mayor
parió Nuestra Señora
y nació Nuestro Señor.
Y allí donde naciera
mucha pobreza había
que ni siquiera
un pañal había.
Botó mano a su cabeza,
a un velo que traía
y lo partió en pañales,
pañales de sobra había.
Bajan los ángeles del cielo
a visitar a María
y vuelven a dar la vuelta
cantando un Ave María.
Dicen unos a los otros:
_¿Cómo queda la parida?
_La parida queda buena
ay, que mejor quedaría,
queda calzadiña de ora
y vestida de plata fina.
Eso pues poco es, José,
lo que la Virgen merecía.
En aquel pueblo donde estaban
respondiéronle los judíos:
hemos, caballeros, hemos
a visitar a María.
La Virgen que tal oyó
se trata de caminar
con su hijo en los brazos
y dándole de mamar.
Al llegar al caminito,
al caminito real
se encontró con los judíos:
¿Para dónde vais, judíos?
¿Qué venís aquí buscar?
_Vímoslle catar ó fillo
para llo crucificar.
_Quen volo dera, ai, judíos,
quen volo quixera dar.
_Quiera que usté no quiera
se lo habemos de quitar.
La Virgen que tal oyó,
desmayada se cayó.
Ni había cura ni fraire
que la viniese llevantar
sino San Pedro y San Juan
que la vinieron buscar.
_Levante de ahí mi tía
que la venimos buscar
por estes cielos de arriba
a la corte celestial.
Estando en estas palabras
el niño dio en hablar:
_Levante de ahí, mi madre,
deixe de tanto chorar
que eles pensan que me matan
e eu vivo lle vou quedar.
A los pobres que son pobres
remedio lles vou dar;
a los ricos soberbiosos
eu lles farei ablandar.

(Recollido en Romeán, Lugo, por Félix Méndez Nogueira)


VERSOS NAVIDEÑOS.-

“Gracias a Dios, meu Neniño,
que soupen onde estabas.
Vexo que estás deitadiño
aí nesas pobres pallas;
se te queres vir comigo
eu lévote de boa gana
e, para quitarche ese frío,
déitote na miña cama
e despois cando espertes
heite coller no colo
e marchámo-los dous xuntos
e andámo-lo pobo todo”.

(Recollido en Lourenzá polo colectivo Amencer)
“Imos logo todos xuntos,
imos logo pra Belén,
que hoxe é día de ruada,
que hoxe é día de pracer.

Vinde axiña, compañeiros,
vinde axiña pro teu ben;
xa verás aquel Meniño,
xa verás que lindo é.

Nunhas pallas deitadiño,
en coiriños alí está,
sendo dono deste mundo
e señor de canto hai.

Si, Dios quere heille pedir
dúas cousas polo menos:
moita paz mentras eu viva
e un recunchiño no ceo”.
(Recollido en San Simón da Costa, Vilalba, por Xesús Vázquez Márquez)

“En Oriente hai unha estrela
que ós Reis Magos guía,
e no Portal de Belén
nace o Fillo de María.

Dálle á zambomba,
dálle ó cascabel,
que esta noite nace Xesús
en Belén”.

(Recollido en San Simón da Costa, Vilalba, por Xesús Vázquez Márquez)

“Xa me tardaba, meu Neno,
que chegara Navidá
co turrón e os nacementos
pra poder virte adorar.

Estiven pensando moito
qué cousa che iba ofrendar;
pensei no turrón, nas pasas,
améndoas e mazapán.

Pro…xa o comín, meu amigo,
todo catro días fai;
máis como tes tanto frío
pensei que che sería igual
pra abrigar o teu corpiño
uns calzupos de lá.

Aquí chos deixo nas pallas,
recíbeos con caridá
e bendice esta pequena
que te quere sempre amar”
(Recollido en Mondoñedo polo colectivo Amencer)

“Vén a alba, vén a alba,
tras da alba vén o día
camiñando vai Xosé,
camiñando vai María.
Camiñan pra Belén;
a Belén chegan con día.
Cando chegan a Belén
a estrela xa escurecía.


Séntanse ó pé dun roble,
o pé dunha fonte fría.
Xosé, ¿cándo parirá María?
Aínda non parirá esta noite
nin tampouco a que veña.
Estando nestas palabras
pareu a Virxen María.
Pareu un fillo varón
que do ceo resplandecía.
Tanto era a súa pobreza
que nin un pañal tiña.
Botou mans ós cabelos
e a unha toca que tiña,
e púxoa en seis cachos
onde o seu fillo envolvía.
Baixou un anxo do ceo
que ricos pañales traía;
volveuse o anxo pró ceo
rezando un Ave María.
Que viva o Verbo encarnado,
que viva a Virxen María,
o glorioso San Antonio
e a estrela que nos alumbra”.

(Recollido en A Devesa –Ribadeo- por Carlos González Díaz)


"VILANCICOS

VAMOS TODOS XUNTIÑOS”
Vamos todos xuntiños
vamos a Belén
qu’hoxe é noite de ruada,
noite de pracer.
Anda axiña, compañeira,
anda axiña, pró teu ben,
xa verás aquel Neniño,
xa verás que lindo é.
Aquel Neniño que lindo é.

Nunhas pallas deitadiño,
en coiriños alí está,
sendo dono deste mundo,
o señor de canto hai.
¡Que cariña tan galana!
¡Que feitura de rapaz!
Queda un ademirado,
a mira-lo que alí hai.

(Trátase dun vilancico de orixe culta moi extendido por Galicia)

Vamos todos xuntiños
vamos a Belén
qu’hoxe é noite de ruada,
noite de pracer.
Anda axiña, compañeira,
anda axiña, pró teu ben,
xa verás aquel Neniño,
xa verás que lindo é.
Aquel Neniño que lindo é.

Nunhas pallas deitadiño,
en coiriños alí está,
sendo dono deste mundo,
o señor de canto hai.
¡Que cariña tan galana!
¡Que feitura de rapaz!
Queda un ademirado,
a mira-lo que alí hai.

(Trátase dun vilancico de orixe culta moi extendido por Galicia)

“VINDE, VINDE GALEGUIÑOS”VINDE, VINDE GALEGUIÑOS,


VINDE E CORREDE BEN
E VEREDES O MENIÑO
NO PESEBRE DE BELÉN.

Meu Miniño, meu Miniño,
que naceu en duras pallas,
Miniño, por que me choras
Meniño, por que non calas.
Meu Meniño non me chores,
Meniño, ¿por qué non calas?
ESTRIBILO

Vinde a modo, vinde a modo,
vinde a modo, a modiño,
coidado con eses zoques,
non desperte-lo Meniño.

ESTRIBILO

Desde que naceu o Neno,
non fago branca de pan
teño as vaquiñas na eira,
o carriño do folghar.

ESTRIBILO

Un pescado moi pobriño,
non tuvo ó Neno que dar,
trouxolle conchas da plaia,
e caracoles do mar.

ESTRIBILO

Botano-la bendición,
Niño Jesús de Belén,
non mire-las nosas faltas,
que todo o mundo as tén.

(Cantado por Maruja a Recamana e Pepa a Carabeleira)

VINDE E CORREDE BEN
E VEREDES O MENIÑO
NO PESEBRE DE BELÉN.

Meu Miniño, meu Miniño,
que naceu en duras pallas,
Miniño, por que me choras
Meniño, por que non calas.
Meu Meniño non me chores,
Meniño, ¿por qué non calas?
ESTRIBILO

Vinde a modo, vinde a modo,
vinde a modo, a modiño,
coidado con eses zoques,
non desperte-lo Meniño.

ESTRIBILO

Desde que naceu o Neno,
non fago branca de pan
teño as vaquiñas na eira,
o carriño do folghar.

ESTRIBILO

Un pescado moi pobriño,
non tuvo ó Neno que dar,
trouxolle conchas da plaia,
e caracoles do mar.

ESTRIBILO

Botano-la bendición,
Niño Jesús de Belén,
non mire-las nosas faltas,
que todo o mundo as tén.

(Cantado por Maruja a Recamana e Pepa a Carabeleira)


“IMOS LEVAR UNHA POUCA ROUPIÑA”Imos levar unha pouca roupiña
tres polas, dous galos, máis unha galiña,
un añiño, dúas pombas sin pel,
tres rulas ó xeito e un tarro de mel.

Ai, Meu Neno,
Meu Rei, Meu Meiguiño,
non tés un albergue,
non tés un leitiño,
Sin arrimo, nas pallas estás,
ai, Meu Queridiño, que frío terás.

Teñen, teñen, as pegas, as melras,
e os paxaros, teñen niño,
e o Rei de ceos e terra,
non ten casa nin leitiño.

(Informante: María Filgueira. Recollido por Matilde Alonso)

tres polas, dous galos, máis unha galiña,
un añiño, dúas pombas sin pel,
tres rulas ó xeito e un tarro de mel.

Ai, Meu Neno,
Meu Rei, Meu Meiguiño,
non tés un albergue,
non tés un leitiño,
Sin arrimo, nas pallas estás,
ai, Meu Queridiño, que frío terás.

Teñen, teñen, as pegas, as melras,
e os paxaros, teñen niño,
e o Rei de ceos e terra,
non ten casa nin leitiño.

(Informante: María Filgueira. Recollido por Matilde Alonso)

“EU DURMINDO ESTABA”

Eu durmindo estaba
cando veu meu pai
tiroume da orella:
¡levántate Brais!
E eu salín fuxindo,
envolto nun mantelo
arrimado a un moco
feito de ameneiro
E vin desde “lexos”
un pobre pendello
en el unha nena
coidando dun neno.
E xunto a un pesebre
estaba un carpinteiro
facendo un barrelo
e enchéndoo de fieitos.
E díxome entonces
tirando dun dedo
Díxome: Braisiño
¿gústache o pequeño?
E eu díxenlle entonces
con moito recelo:
O neno é moi guapo
se mo dá eu lévoo.
Eu na miña vida
vin neno máis feito
Ten unhos olliños
que nin un luceiro.

cando veu meu pai
tiroume da orella:
¡levántate Brais!
E eu salín fuxindo,
envolto nun mantelo
arrimado a un moco
feito de ameneiro
E vin desde “lexos”
un pobre pendello
en el unha nena
coidando dun neno.
E xunto a un pesebre
estaba un carpinteiro
facendo un barrelo
e enchéndoo de fieitos.
E díxome entonces
tirando dun dedo
Díxome: Braisiño
¿gústache o pequeño?
E eu díxenlle entonces
con moito recelo:
O neno é moi guapo
se mo dá eu lévoo.
Eu na miña vida
vin neno máis feito
Ten unhos olliños
que nin un luceiro.


“E RORRO”

E RORRO, RORRO, MEU NENO.
E RORRO, RORRO, MEU AMOR.

Eu son un pobre galego,
veño do sul da provincia;
i ó Neno Xesús lle traigo
lenzo para unha camisiña.

O Meniño está no berce
vestidiño de oletón
i os nenos que o arrolan,
os anxos do Ceo son.

E RORRO, RORRO, MEU AMOR.

Eu son un pobre galego,
veño do sul da provincia;
i ó Neno Xesús lle traigo
lenzo para unha camisiña.

O Meniño está no berce
vestidiño de oletón
i os nenos que o arrolan,
os anxos do Ceo son.

https://youtu.be/tgQVSvI1w9Q

Se queres enviarnos un conto ou canto de Nadal e Reis, podes facelo a través de:
Ó recibilo enviarémosche un agasallo


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Las opiniones vertidas en la sección de comentarios son propiedad de sus respectivos autores. CEIP A PONTENOVA no se solidariza ni responsabiliza por la exactitud y verosimilitud de las opiniones vertidas o artículos publicados en la sección de comentarios, y declina toda responsabilidad por la utilización que se le dé a los mismos. CEIP A PONTENOVA se reserva el derecho de eliminar los mensajes enviados a la sección de comentarios si son considerados inapropiados para el contenido del sitio.