miércoles, 11 de noviembre de 2015

O ZAPATO MENTOLADO

OS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO DE PRIMARIA DO COLEXIO DE A PONTENOVA FIXÉRONLLE UN AGASALLO AO CONTACONTOS"ANXO MOURE", NO QUE LLE PEDIAN UN CONTO. 

QUE AGRADABLE SORPRESA!

ENVIOULLES UN CONTO QUE AQUÍ VOS DEIXAMOS.

QUE O DISFRUTEDES!

O ZAPATO MENTOLADO (que polas nenas e nenos da Pontenova foi plantado)

 Por culpa do lume lumeiro, que non verán  freixos, buxos,  carballos e castiñeiros  da Pontenova andivera a queimar, de infinda tristura o río Eo perdera  seu cantar.
 O vento venteiro que é poeta o día enteiro,que  escribe poemas coas follas das cerdeiras, dos pradairos, dos amieiros, dos sabugueiros e as abelairas, mesmo nas polas do pequeno salgueiro, cando  viu o río sen o seu cantar buscou cantos, buscou contos, buscou soños, poesías, mais ningún poema conseguiu topar. Rios e regatos, fervenzas e charcas, non deixaban de sufrir, mesmo algún veciño viu ao Eo acatarradiño que non paraba de  tusir..
Todo voltouse triste, escuro e frio, mesmo os paxaros xa non cantaban o seu pio pio.
O vento venteiro que é poeta e conteiro propúxose poemas entre a xente poder encontrar para irllos ao río cantar..

Pasou un policía, pediulle un poema, pero el nada sabía só era policía
Pasou un bombeiro, pediulle un poema, pero era Febreiro e el só un bombeiro
Pasou un marciano, pediulle un poema, pero era un extraterrestre anciano, simplemente un antigo marciano.

Pasou un neno do cole da Pontenova, pediulle un poema, e foi onde a profe, e foi onde o cole. Amigas e amigos, o vento pediume un poema, fagamos a proba.
Pensaron e pensaron e un vello zapato tirado no chan toparon, na sua sola unha poesía pintaron, no seu oco unha menta plantaron e co vento asi falaron.

Vento, venteiro, tu que es un gran conteiro, con este zapato debes camiñar e coa tua pegada poemas no bosque tes que plantar, para que a xente non deixe de aprender aos soutos e as fragas amar, para que a xente non volva os bosques queimar.

E así foi, o zapato máxico das nenas e nenos da Pontenova de escola en escola partiu, cheiraba a menta, cheiraba a conto, poemas plantando, mesmo cantando,eso que por aló chaman poetizando.

“O zapato mentolado
Pola Pontenova vai camiñando
   O zapato mentolado
Polo bosque vai cantando
  O zapato mentolado

Co río Eo esta falando”

  (Grazas zapato mentolado que fuches polas nenas e nenos da Pontenova plantado e a este Carballo con Botas agasallado)







1 comentario:

CEIP San Francisco Xabier dijo...

É moi fermoso o conto que vos fixo Anxo Moure, sodes uns afortunados. Parabéns

Publicar un comentario

Las opiniones vertidas en la sección de comentarios son propiedad de sus respectivos autores. CEIP A PONTENOVA no se solidariza ni responsabiliza por la exactitud y verosimilitud de las opiniones vertidas o artículos publicados en la sección de comentarios, y declina toda responsabilidad por la utilización que se le dé a los mismos. CEIP A PONTENOVA se reserva el derecho de eliminar los mensajes enviados a la sección de comentarios si son considerados inapropiados para el contenido del sitio.